Aparcamento

Cambados ten un problema grave de aparcamento. Na vila non hai prazas dabondo para cubrir as necesidades, e iso supón un perxuízo cotiá para calquera que queira deixar o coche xa non no centro, senón preto. Polo tanto, en caso de querer deixar a praza só para os peóns, habería que habilitar máis espazo público para cubrir esta función.

Actualmente, en teoría, está prohibído aparcar en todo o recinto da praza.



En teoría.



O cartel que prohibe aparcar di textualmente: "En todo el recinto".


En caso de peonalizar a praza, e comenzar polo tanto a aplicar a prohibición que xa existe, habería que prantexarse unha solución para que os veciños tivesen onde aparcar o coche. Convén lembar que o barrio de Fefiñáns está composto en gran parte por vivendas antigas que non dispoñen de aparcamento, co que moitos veciños acaban por deixar o coche na rúa.

Unha posible solución sería habilitar o tramo da Avenida Rosalía de Castro que discurre entre o Arco e e o Instituto Ramón Cabanillas coma un aparcamento, xa sexa coma aparcan algúns coches na actualidade, ou ben en batería, en función de cómo coubesen máis vehículos.






Unha vez pechado o acceso aos coches á altura do Arco, formaríase unha rúa sen saída, na cal os vehiculos poderían entrar dende o aceso ao instituto na Avenida Rosalía de Castro e os peóns saír por debaixo do arco cara a praza.



Deste xeito se compatibilizaría que a praza quedara só para os peóns, e ao mesmo tempo seguiría habendo un aparcamento céntrico e práctico tanto para os veciños coma para os foráneos.




Outros problemas