Estradas alternativas

A Praza de Fefiñáns conta con cinco puntos de aceso. Un deles (o que aparece no mapa coma E) é actualmente só de saída, por mor de ser a estrada que a cruza de dirección única. Dos outros catro, dous son accesos secundarios que poderían pecharse sen demasiados inconvintes, mentres que os puntos A e E consisten respectivamente na entrada e saída da estrada que atravesa a praza, co que haberá que atopar antes unha vía alternativa para o tráfico que a utiliza.


Accesos secundarios

Empezando coas vías de acceso secundiarias, o punto B está ubicado no arco que comunica o Pazo co Bosque, o coñecido coma Arco de Fefiñáns.



Este acceso xa podía estar pechado a día de hoxe. A maiores de que non parece aconsellable que o tráfico rodado cruce a todas horas por debaixo dunha peza arquitectónica do s.XVI, máis tendo en conta que xa en anteriores ocasións o arco sufriu desperfectos polo impacto de automóbiles, pechar este aceso podería ser parte da solución conforme se propón no apartado sobre aparcamentos.

O punto C atópase á altura da fachada da Igrexa de San Bieito. Este acceso da servizo a unha pequena rúa, a Rúa de San Benito, que vai dende a Avenida da Coruña ata a praza. Con que o peche se leve a cabo á altura da igrexa, deixando o a rúa para que aparquen os residentes, sería dabondo.




O último destes accesos secundarios é o punto D. A el van dar dúas rúas, a Rúa Rianxeira e a Rúa Novedades. En caso de pechar a praza, o tráfico podería segurir circulando entre elas, co que a peonalización non suporía tampouco un perxuízo neste caso.




Accesos principais

Actualmente, o tráfico que atravesa a praza é de sentido único. Accédese a ela dende a Avenida de Vilagarcía (A) e sáese pola Rúa Real (E), que á súa vez vai a dar ou ben á Rúa do Príncipe ou á Avenida de Madrid, ambas tamén de sentido único. A estas dúas tamén se pode acceder dende a Rúa de Valle Inclán, co que o peche da praza non lles afectaría.




Entrada á praza dende a Avenida de Vilagarcía. Ata o 1843 unha ponta cruzaba este espazo.


Na actualidade, existen dúas estradas que permiten esquivar a praza.



1 - Avenida do Salnés.

Dende hai varios anos, está aberta unha estrada que permite evitar pasar pola praza cando se entra en Cambados vindo dende Vilagarcía, a Avenida do Salnés:


Esta avenida comenza nun desvío a 300 metros da praza, e con ela evítase ter que entrar en Fefiñáns cando o que se pretende é ir cara a Modia, cara o centro de Cambados, ou ben saír do pobo pola estrada de Ribadumia. Pódese empregar, pois, coma unha pequena circunvalación que aforra atravesar o barrio de Fefiñáns.

En caso de peonalizarse a praza, o aumento do tráfico se cadra faría aconsellable prohibír o aparcamento polo menos no primeiro tramo, o que vai dende o desvío da Cabana ata a esquina do cemiterio, posto que ao ser unha curva moi pechada dificultaría o tránsito dun volume elevado de vehículos.

Por outra banda, os badéns instalados á altura da curva do cemiterio supoñen xa agora un atranco considerable coma para máis se o tráfico fose maior.


2 - Avenida da Coruña.


Ver Avenida da Coruña en un mapa más grande

Esta outra vai a dar á Rúa do Pombal e á Ribeira de Fefiñáns, co que permite tanto entrar no barrio pola Rúa Sevilla coma ir ao centro do pobo.