Arco

O arco de Fefiñáns é, xunto coa Torre de San Sadurniño, o símbolo por excelencia de Cambados. Este elemento serve para comunicar o pazo co bosque, e antigamente había outro semellante a continuación que comunicaba a balaustrada do bosque coa Igrexa de San Bieito. Este outro arco, que foi derruído no 1843, conducía a unha porta ubicada a carón do retablo maior, que aínda existe, e servía para que os residentes no pazo acudisen a misa sen necesidade de saír a rúa.
















Outros elementos

::: Bosque :::

::: Empedrado :::


::: Pazo :::