Pazo
O pazo foi construído no século XVI por Don Juan Sarmiento Valladares, conselleiro de Filipe II, sendo ampliado no século XVII a instancia do primeiro vizconde de Fefiñáns, Don Gonzalo de Valladares (1583-1659). O seu sucesor Don Fernando de Valladares ampliou o edificio ata acadar o aspecto actual. Posteriormente, a propiedade do mesmo pasou aos marqueses de Figueroa. Na fachada exhíbense os escudos das linaxes, así coma relevos cos bustos dos nobres que nel habitaron.
O edificio é unha mostra destacada do barroco civil galego, se ben na súa fachada conta con elementos italianos post-renacentistas.